Ética para unha sociedade en transformación


Tal e como o Báb reclamaba, os bahá’ís hoxendía consideran os ensinos do Báb axeitados para os anos nos que durou a Súa dispensación, é decir, o período que vai desde que o Báb declarara a Súa misión no 1844 ata que Bahá’u’lláh fixera pública a Súa, no 1863. Nembargantes, o que segue vixente é o espíritu que espertou, os estándares éticos ós que animaba a erguerse e o exemplo de servizo abnegado ó ben común, de sacrificio por o futuro da humanidade, de pureza inmaculada, de sabedoría consumada, de erudición insondable, de valentía leonina, de determinación serena e de rectitude inquebrantable que os Seus siareiros lograron encarnar mediante a aplicación da Súa visión e os Seus ensinos.

Purgade os vosos corazóns de desexos mundanos e deixade que as virtudes anxelicais sexan o voso enfeitizo. […] Os tempos son chegados nos que nada agás os motivos máis puros, sostidos en feitos de pureza inmaculada, poidan erguerse deica o Trono do Máis Alto e serlle aceptables.
O Báb, ó seu primeiro grupo de discípulos

Cando se mira ó arredor do mundo, sexa desde unha perspectiva global ou nacional, vése unha axitación sen precedentes que semella suxerir que a humanidade está deixando a adolescencia e avanzando cara á madureza. A contradicción e o comportamento ambivalente paseniño deixan de ser a excepción e mudan en norma: cada vez refóutase máis o conflicto e as pelexas, e estase menos disposto a facelos naturais; pero o clima de crispación medra e o tono de debate público faise máis acedo; aspírase a abandoar a soberanía nacional en aras do benestar global, pero as relacións internacionais seguen baseadas no interés nacional, atúrase menos a corrupción, pero medran os escándalos a tódolos niveis; adícanse inxentes recursos a erradica-la pobreza, pero presérvanse a toda costa posicións de privilexio que manteñen estructuralmente dita pobreza; deséxase unha relación máis harmoniosa co medio ambiente, pero promóvense políticas económicas que o destrúen; aspírase a rexenerar a vida harmoniosa da comunidade, pero rexéitanse a súas formas ancestrais asoballantes e promóvese o individualismo; hai un clamor xeneralizado pola paz e o altruismo, pero non se confía no potencial humano para acada-los e mantense o egoismo como eixo das relacións.

Isto amosa que semellan terse desatado forzas constructivas e integradoras, ó tempo que outras forzas desintegradoras, que propulsan á humanidade cara a un novo estadio de evolución social marcado por novos principios, enfoques e conceptos que guíen tanto o comportamento individual como a vida colectiva. A visión e motivación necesarias para acometer con éxito esta tarea coa que a humanidade leva bregando máis dun século semella non agromar cos métodos deica hoxe empregados. É eiquí onde a relixión históricamente ten xogado un papel senlleiro, e os ensinos do Báb, xunto co exemplo amosado polos Seus siareiros e a Súa culminación na Revelación a esgalla de Bahá’u’lláh, poden supor un punto de inflexión na historia.


Algúns individuos inspirados por o Báb

Prometín percorrer a pé toda a distancia que me separa do meu Benamado. Serei teimudo no empeño deica acadar o meu destino.
Mullá Husayn

Mullá Husayn, por exemplo, un estudiante de teoloxía, de corpo fráxil, ensumido nos seus estudios ata atoparse co Báb en todo o Seu esplendor, logrou superar todas as súas deficiencias e realizou grandes fazañas, abandoando seus desexos e aspiracións, só polo fervor que sentía polo seu Maestro e por o desexo de contribuir a que as novas xeneracións poideran herdar un mundo ceibe de guerras, de miserias e de argucias.

Tahereh, unha moza considerada a esencia da pureza por algúns, rachou os estereotipos e moldes da súa época para reivindicar en Irán a preeminencia da muller na construcción dunha sociedade de paz que poidera canalizar o mellor de ambos xéneros. A emancipación e o empoderamento feminino moderno escomenzaba con ela.

Vahid, un aristócrata da corte do Rei, obxecto de todo tipo de recoñecementos por a erudicción que posuía, fachendoso as veces polo coñecemento adquirido e a pleitesía allea, ó entrar en contacto co Báb transformouse de tal xeito que contan que se converteu na esencia da humildade, que renunciou a tódolos seus privilexios cortesáns e que entregou a súa vida á promoción desa nova mensaxe só por amor a Deus e a humanidade.

Son moitos os nomes de homes e mulleres que, ó igual que os anteriores, na metade do século XIX e galvanizados por os ensinos do Báb, entregaron as súas vidas, sufriron martirio e gravitan na esfera dos heroes que lle compre á xeneración presente para cumplir o desafío máis apremiante e marabilloso que a especie humana tivo endexamáis de seu: establecer a paz e xustiza no mundo, construir unha civilización global, harmonizar o nacional e o internacional; en definitiva -e empregando a linguaxe relixiosa que fura deica ó fondo e evoca posibilidades inimaxinables -, fundir as ordes divinas e mundanas e establecer o, dende moi lonxe agardado, «Reino de Deus na Terra».

Explora encol do Báb

Os bahá’ís de España

O bicentanario do Báb (1819 – 2019)


En outubro de 2019 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario dende que esta Luminaria se remontara sobre o horizonte do mundo. Os centos de miles de localidades e comunidades nas que residen siareiros de Bahá’u’lláh, brilarán en conmemoración da Súa Aparición.

Bahá'ís na túa localidade Expresiones artísticas sobre el Báb

Coñece ós bahá’ís de España


Quen somos »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflexada na súa riqueza artística e de fala.

Que facemos »

Os bahá’ís, en colaboración con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuir no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.