As Mafestacións Xemelgas O Báb, precursor de Bahá’u’lláh


A razón de ser do Báb foi preparar o camiño para alguén máis grande ca Él, a quen se refería como «Aquel a Quen Deus fará manifesto», «O prometido de tódolos tempos», «O Señor das Hostes». Nos ensinos do Báb xacía a idea de que aquel gran personaxe do que Él representaba a Porta, e a quen só os puros de corazón recoñecerían, viría a abrir un novo ciclo da historia humana.

Según a perspectiva da historia que emana dos textos do Báb, Él mesmo pechaba un ciclo profético e auguraba outro novo. O ciclo que se pecha é un ciclo de máis de seis mil anos no que diferentes Profetas e Mensaxeiros de Deus viñeron á terra para guiar á humanidade de xeito progresivo cara a maiores niveis de civilización. Ises personaxes divinos, tamén tiveron como propósito preparar á humanidade para un momento culminante a partir do que a opresión e o sofrimento humano na terra desaparecían como consecuencia da chegada dunha gran figura histórica, o Prometido dos tempos, e de aplicación dos principios divinos e dos enfoques e métodos de ciencia á organización da vida colectiva sobre o planeta. Ese ciclo profético, daquela, pechábase co Báb e abríase un novo -o ciclo do cumprimento – iluminado por Aquel a quen Él viña a anunciar.

Mirzá Husayn Alí, Bahá’u’lláh - a Gloria de Deus -, cuxo Bicentenario celebrouse fai dous anos, sería quen en 1863 proclamara que Él era ise gran personaxe que o Báb anunciara.

A continuación preséntase unha escolma de escritos e textos nos que se fala de Bahá’u’lláh en diferentes términos.

De tódolos atributos que rendín a Aquel que virá despois de Mín o máis grande é iste: a Miña confesión escrita de que ningunha palabra Miña pode describilo en forma axeitada, nin tampouco pode facer xustiza á Súa Causa referencia algunha a Él contida no Meu Libro, o Bayán.
O Báb
Si Él aparecese neste mesmo intre, Eu sería o primeiro en adoralo e o primeiro en axionllarme ante Él.
O Báb
O Báb, o Exaltado, é o Amencer da Verdade, o esplendor de cuxa luz brila en todas as rexións. Él é tamén, o Anunciador da Máis Grande Luz, o Luminar de Abhá (Bahá’u’lláh). A Bendita Beleza (Bahá’u’lláh) é o Prometido dos libros sagrados do pasado, a revelación da Fonte de Luz que brilou sobre o Monte Sinaí, cuxo lume brilou en medio da Zarza Ardente. Somos, todos e cada un de nós, servos ante o Seu umbral, e permanecemos de pé como humildes custodios ante a Súa porta.
'Abdu'l-Bahá

Os bahá’ís de España

O bicentanario do Báb (1819 – 2019)


En outubro de 2019 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario dende que esta Luminaria se remontara sobre o horizonte do mundo. Os centos de miles de localidades e comunidades nas que residen siareiros de Bahá’u’lláh, brilarán en conmemoración da Súa Aparición.

Bahá'ís na túa localidade Expresiones artísticas sobre el Báb

Coñece ós bahá’ís de España


Quen somos »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflexada na súa riqueza artística e de fala.

Que facemos »

Os bahá’ís, en colaboración con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuir no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.