O Seu nome era Siyyid ‘Alí-Muhammad. Nembargantes, dende que escomenzou a misión que decía que Deus lle encomendara no 1844, adoptou o título de O Báb, que en galego significa A Porta. Era fillo dun comerciante persa e os relatos encol da Súa infancia indican que, ademáis de gran humildade, candidez e pureza de corazón, posuía - tal como sole ocurrir con ises personaxes carismáticos e extraordinarios da historia que reclaman conexión directa co divino – tal coñecemento intuitivo, semella que innato, fixo que tivera que deixar a escola por non ser quen os profesores para ensinar a un neno tan especial.
Os primeiros 18 siareiros do Báb son coñecidos como as Letras do Viviente, sendo o Báb o Viviente. Eles foron quen de recoñecer a estación divina do Báb de xeito espontáneo, e puxéronse ó Seu servizo incondicional sen dúbidas; foron os primeriros en demostrar unhas cualidades heróicas que semellan tamén necesarias no século XXI para transformar á sociedade e facer do mundo un lugar máis pacífico e xusto.
Faredes o esforzo de prender de novo nos seus corazóns o lume do amor da Beleza de Deus e fortalecer a fe na Súa Revelación.
O período de «revelación» do Báb foi curto - seis anos -, debido ás persecucións, encadeamentos e execución final, aínda así ten ensinos a esgalla. Nembargantes, a esencia dos mesmos atópase no libro O Bayán persa. No cantón da Súa mensaxe atópase unha chamada a traspasar, a través de Él, a porta que conducirá a un novo coñecemento de Deus, un coñecemento que viría a través doutro mensaxeiro divino que aparecería ós poucos e que cumpriría as promesas de tódalas tradicións relixiosas do pasado co fin de inaugurar unha nova era de paz, de unidade e de xustiza social. Outramente, só os que purificasen o seu corazón de apegos de todo tipo, incluindo o coñecemento adquirido, e acadaran grandes alturas de sinceridade, poderían recoñecer ó Prometido.
Abraiante firmeza amosou esa Beleza de Deus. Todo o mundo se ergueu na contra de Él e, nembargantes, fracasaron estrepitosamente na súa teima. Canto máis arreciaba a persecución sobre ise Sadrih {Pola} de Boaventuranza, máis medraba o Seu fervor e máis escintilante alumeaba a lapa do Seu amor. Todo isto é evidente e naide disputa esta verdade. Por último, entregou Él a Súa alma e remontou voo cara os reinos do alto.
O Báb, aínda que poda decirse que é o fundador dunha relixión nova, o babismo, provocou unha gran conmoción e reforma dentro do mundo islámico chiita de Irán. Centos de miles de persoas uníronse á Súa causa, procedentes de tódolos estratos sociais, pobres e ricos, teólogos e legos, eruditos e iletrados, aristócratas e plebellos. Por iso, o daquela Sháh de Persia, encirrado pola xerarquía eclesiástica, ordenou que o desterraran, encadearan e, ó final, que o executaran nunha praza pública de Tabriz, diante dunha chea de xente, con 750 soldados que dispararon en varias ocasións e en circunstancias extraordinarias. Isto, nembargantes, non extingiu a Súa luz, senon que se converteu nun aceite que esparexeu o Seu lume de xeito que, tra-la asunción do liderazgo por parte de Bahá’u’lláh -título que en galego significa a Gloria de Deus - , quen primeiro foi Seu discípulo e despois manifestou ser o Prometido anunciado, segue irradiando luz de coñecemento e espranza en aldeas, pobos e cidades de tódolos países do planeta para un mundo interconectado en urxente necesidades de modelos viables e funcionales de organización colectiva.
O Báb deixou esta vida no mediodía do 9 de xullo de 1850, ó ser executado por ordes do Shah de Persia. Os Seus restos mortais foron preservados por algúns bahá’ís ata que, en marzo de 1909 puideron ser soterrados en Haifa (Israel).
O Santuario do Báb é dende aquela un lugar de devoción dos Bahá’ís do mundo, visitado por miles de persoas de diversas orixes culturais e relixiosas.
En outubro de 2019 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario dende que esta Luminaria se remontara sobre o horizonte do mundo. Os centos de miles de localidades e comunidades nas que residen siareiros de Bahá’u’lláh, brilarán en conmemoración da Súa Aparición.
Bahá'ís na túa localidadeA comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflexada na súa riqueza artística e de fala.
Os bahá’ís, en colaboración con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuir no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.