Primeiros esforzos para superar a opresión


Siyyid ‘Alí Muhammad, o Báb, desempeñou a Sua misión a mediados do século XIX en Irán. Nerbargantes, as persoas de diferentes países do mundo, douscentos anos despois, poden identificarse cos esforzos que o Báb e os Seus discípulos realizaron por superar a opresión.


A sociedade irania daquel tempo estaba sumida na corrupción, o dogmatismo relixioso, os prexuicios entre diferentes grupos sociais -étnicos, relixiosos, nacionais, sociais -, o analfabetismo, a tensión política, a fraxilidade económica e a opresión da muller, por mencionar algúns dos problemas sociais. A vida e a obra do Báb así como os esforzos dos Seus siareiros pretendían liberar a esa sociedade do xugo da opresión que deixaba pouco espacio para que a alma humana voara ceibe. Noutras palabras, as pasións animais esclavizan ó espíritu, cuxa inercia é volver cara o seu creador, remontarse no océano do coñecemento, difrutar da beleza e a harmonía, contemplar as marabillas da natureza e da humanidade, vivir ceibe de apego material e da procura do recoñecemento social.

As consignas para evitar os conflictos relixiosos, o estímulo por buscar o coñecemento e por emancipar á muller, as denuncias públicas da corrupción relixiosa e a condescendencia política, os chamados a liberarse do coñecemento adquirido e emprender unha búsqueda da verdade de xeito independiente, o acicate por desprenderse das tradicións, a revelación duns textos que proporcionan unha fala rica e amplia para abordar custións místicas e filosóficas son todos exemplos de iniciativas que o Báb liderou para superar a opresión.

A sociedade do século XXI non semella tan distinta da sociedade na que o Báb viviu e foi executado. O espíritu e a opresión dese tempo semella que están presentes hoxendía, aínda que as formas que adoptan teñen variado. Incluso algunhas daquelas tendencias poden terse intensificado debido á globalización das mesmas e a amplificación que producen as novas tecnoloxías da comunicación. Por exemplo, o dogmatismo relixioso sigue presente en moitas sociedades, pero xurdiron outro tipo de dogmatismo de natureza secular, xa sexan istes cientifistas ou económicos. O nivel de analfabetismo reduciuse pero a incapacidade de xestionar e dirixir o chea de información que nos bombardea por as redes ten xerado outro tipo de ignorancia e dificulta o pensamento crítico. A tensión política é case omnipresente e trasládase á vida social, mediática e académica en forma de polarización. As crises económicas son recurrentes e tanto a fraxilidade do sistema económico global como as consecuencias ecolóxicas que produce son evidentes. A conciencia da necesidade de emancipar á muller medrou, pero xurdiron outros xeitos de dominación máis sutiles.

De igual xeito, as áreas que o Báb identificou, sobre as que traballou e por as que morreu, siguen constituindo avenidas para a reflexión e a acción colectiva transformadoras. A necesidade de superar a liorta relixiosa e a radicalización son elementos centrais da axenda de seguridade de moitos países. A imperiosa necesidade de coñecemento, da medranza das capacidades cognitivas, da información veraz e contrastada son aspectos esencialmente necesarios na actualidade. O empoderamento feminino para colaborar có home na creación dun mundo máis xusto e sostible recoñécese como un dos mecanismos clave para acadar a paz e erradicar a pobreza. A centralidade dunha ética pública que inspire a política; a promoción do pensamento independiente; a formación de modelos de vida colectivos que refundan as relacións entre individuos, comunidades e institucións á luz do principio da unidade orgánica; a producción dunha linguaxe rica que permita un diálogo entre a ciencia e a relixión para abordar problemas sociais e que permita pensar sobre temas profundos, incluindo os dilemas morais e as cuestións espirituais, son todos estratexias crucias para enfrontar os desafíos do mundo de hoxe.

Os bahá’ís de España

O bicentanario do Báb (1819 – 2019)


En outubro de 2019 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario dende que esta Luminaria se remontara sobre o horizonte do mundo. Os centos de miles de localidades e comunidades nas que residen siareiros de Bahá’u’lláh, brilarán en conmemoración da Súa Aparición.

Bahá'ís na túa localidade Expresiones artísticas sobre el Báb

Coñece ós bahá’ís de España


Quen somos »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflexada na súa riqueza artística e de fala.

Que facemos »

Os bahá’ís, en colaboración con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuir no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.